En Centyc entendemos que a calidade do servizo é un dereito do cliente. Polo que a nosa vocación de servizo baséase na proximidade, o coñecemento técnico e a calidade. Todo isto impulsounos á adopción dun modelo de xestión, certificado segundo a norma ISO 9001:2000 e á implantación dunha Política de Calidade, que se sustente nas seguintes premisas:
- Persoal tecnicamente competente e involucrado para unha mellora continua
- Documentación técnica adecuada
- Desenvolvemento e implantación do Sistema de Xestión da Calidade, en conformidade cos rexistros da norma UNE-EN-ISO 9.001:2000
- Preparación de Plans de Calidade para unha mellora continua
- Coñecer e satisfacer as necesidades e expectativas dos nosos clientes
- Elaboración de Plans de Formación que potencien os recursos humanos
- Definir a prevención como directriz xeral de toda actuación de Calidade
O obxectivo prioritario de CENTYC é alcanzar un prestixio recoñecido que o diferencie da competencia e conseguir clientes máis satisfeitos.