CENTYC Europa S.L.

A mellor solución para as túas comunicacións

Instalacións

Oferta de Instalacions

Centyc conta cun departamento propio de instalacións, con persoal altamente cualificado e cunha grande experiencia en instalacións e mantemento de centrais telefónicas (enlace a centraliñas) xa sexa de baixa, media ou grande capacidade, aplicacións CTI, auriculares Plantronics, operadoras automáticas, sistemas de gravación de chamada… deseño, instalación e mantemento de cableado estruturado e todos os compoñentes necesarios para redes de voz e datos, armarios rack,…

O noso stock de material nos permite non depender do fabricante para unha rápida e eficaz solución das diferentes avarías; o cal sumado á experiencia dos nosos instaladores e á calidade dos traballos fai que os nosos clientes depositen plenamente a súa confianza en nós, tanto para asesorarlles como para o mantemento dos seus diferentes equipos ou servizos.

Sabemos da importancia das comunicacións para a súa empresa, por iso, grazas a nosa grande experiencia no sector, estamos en disposición de proporcionarlle a mellor solución integral e específica de telecomunicacións. Para a súa tranquilidade, poderá decidir qué tipo de mantemento quere, sabendo que o mesmo persoal responsable do desenvolvemento do seu proxecto e instalación encárgase do seu mantemento, conseguindo así unha atención máis eficaz cun gran aforro de tempo e cartos. [Solicitar máis información]