Centyc Europa S. L. é unha empresa do sector das telecomunicacións que, aínda que é nova, conta con persoal cualificado e cunha ampla experiencia profesional, cunha filosofía nova e clara orientación ó cliente; ofrecendo a clientes particulares, profesionais e empresas as solucións máis avanzadas en centrais telefónicas particulares, redes de datos ou electricidade… consultaría, instalación e mantemento.
Poñemos a súa disposición a nosa experiencia tanto técnica como comercial, asesorándolle para desenvolver o seu proxecto a medida, integrando as súas comunicacións, optimizando os seus recursos, ofrecendo un servizo global e un único especialista para as súas necesidades de comunicación.
Como Consultor Homologado de Telefónica estamos en disposición de asesorarlle e ofrecerlle a mellor opción que o Operador teña en cada momento en telefonía fixa: teléfonos, sen fíos, faxes, liña analóxica, Rdsi, ADSL, R.P.V., centrais telefónicas, sistemas sen fíos DECT...
Somos Distribuidor Oficial de Telefónica Movistar, o que fai que poidamos ofrecerlle solucións a medida tanto para altas Movistar como para portabilidades doutro operador a Movistar, canxes de puntos…
Informática, aplicacións específicas para centraliñas, cableado estruturado, equipos a medida, compoñentes, consumibles, cámaras dixitais, mantemento, programas a medida... ou electricidade, iluminación, sistemas de protección e alimentación ininterrompida… distribuidor de auriculares Plantronics, cunha ampla gama de produtos para que a elección dos auriculares sexa a máis acorde coas súas necesidades.
Como instalador autorizado de Telefónica para as súas centrais, podemos garantir a perfecta instalación e mantemento dos diferentes equipos que ten actualmente no seu catálogo, xa sexa de baixa, media ou alta capacidade (Siemens, Aastra o Nextel). Cun importante stock de material que nos permite non depender do fabricante para unha rápida e eficaz solución das diferentes avarías; o cal sumado á experiencia dos nosos instaladores e á calidade dos traballos fai que os nosos clientes depositen plenamente a súa confianza en nós, tanto para asesorarlles como para o mantemento dos seus diferentes equipos ou servizos.
Algunhas empresas de referencia actualmente atendidas por Centyc Europa S.L.
Esperamos que os nosos servizos sexan do seu interese.